logotipo_xestion_ambiental

Xestión Ambiental de Contratas S.L. xorde no ano 1992 coa intención de participar na construción de obra pública, especializada en acondicionamento, recuperación e preservación ambiental.

Ao longo destes anos a empresa foi crecendo tanto en tamaño coma en capacidade técnica, converténdose hoxe nunha empresa punteira en execución de obra pública en Galicia, Castilla e León e Asturias, executando obras para todas as Administracións e Organismos, xa sexa de carácter estatal, autonómico ou municipal, tanto en ámbitos rurais como urbanos.

Xestión Ambiental de Contratas mantén a súa vocación como compañía especializada en prestar servizos ás Administracións Públicas con equipos altamente cualificados: obras de infraestruturas, urbanizacións, recuperacións ambientais, instalacións, creación de espazos verdes, recuperación de zonas degradadas, mantenimientos, etc., que son sempre executadas co máximo respecto ao ámbito e ás persoas, para así contribuír a construír espazos sostibles de calidade.